Muros, valas, arame farpado e barreiras electrificadas: Sahara Ocidental (1)
Para Ver e Ouvir:
- Vídeo: SAHARA LIBRE!
Para LER:
Para Ver:
Sítios na Internet:
A pesar dos prognósticos dos observadores militares, que consideraban imposible a subsistência da guerrilla nun médio tan duro como o deserto, as accións militares dos polisarios puxeron a Hassan II nunha situación difícil, pois o elevado orzamento militar que destinaba ao Sahara colocaba o seu país á beira da bancarrota.
A reacción a esta situación chega en 1980, cando comeza a construcción dos muros defensivos, unha sorpresiva estratexia militar marroquí desertada co apoio e asesoramento de países como os Estados Unidos, Francia e Israel, que permite frear a libre circulación dos combatentes do ELPS polo deserto. O primeiro deses muros érguese en agosto de 1980 e o último en abril de 1987 e constitúen un complexo sistema defensivo composto por minas, arameiras, muros de area e pedras, e radares. Detrás, e en posición de alerta, as tropas marroquís, distribuídas en diferentes bases. A construcción destes muros vai delimitar ata hoxe o que son as zonas liberadas, baixo o control da Fronte Polisario, das zonas ocupadas, baixo domínio marroquí.
Esta nova estratexia supuxo inicialmente un duro golpe para o exército saharauí. Con todo, os estrategas do ELPS buscaron os puntos débiles dos muros defensivos e desenvolveron unha nova táctica de desgaste que consistia en debilitar psiquicamente e economicamente ao exécito inimigo. Ainda que nunca puideron ser quen de volver circular libremente a través do Sáhara Occidental, os combatentes saharauís atoparon o xeito de atravesar os muros defensivos en determinadas operacións militares (...)
Entre tanto 250.000 saharauís permanecen á espera de poder retornar á sua pátria. Residen nos campamentos de refuxiados da hamada de Tinduf desde hai mais de vintetrés anos, soportando unhas durísimas condicións de vida e un clima que oscila entre o frio atroz das noites de inverno á calor extrema do verán. Sobreviven gracias á axuda humanitária internacional e á sua enorme capacidade organizativa. En todos estes anos, lonxe de quedar cos brazos cruzados, foron construindo un estado no exilio que conta con institucións propias e moitos dos mecanismos precisos para reconstruíren o seu país cando o retorno sexa unha realidade.
Da outra banda dos muros, case todos os saharauís deixaron família. Son aqueles que non puideron fuxír da invasíón marroquí e permanecen nas zonas ocupadas. Son os que se ven sometidos, dia a dia, a vivir baixo unha continua situación de represión e terror que as fórzas da orde marroquís lles imponen. Cárceres clandestinos, condenas inxustas, mortes, torturas, famílias ènteiras ameazadas, desaparicións, xuízos sen garantías, asasinatos... constitúen a barreira contra o irrefreable alento de liberdade saharauí. Eles habitan ali, onde só a prensa de confianza do réxime de Hassan II ten acceso. Eles habitan ali, onde unha xeración de saharauís nacidos nos campamentos de refuxiados nunca pisou. Ali, a onde os exiliados queren retornar en liberdade. Ali, aquel lugar que desexan con mais forza vital ca ninguén porque pertencen a unha terra que nin se quera coñecen. Eles son de ali. E a sua vontade é imparable.
In Fran Alonzo, TERRITORIO OCUPADO (1998, Edicións Xerais de Galicia) [os "sublinhados" não são do autor]
adaptado de um e-mail enviado pelo Jorge